Axenda de actividades provinciais
Exposición Debuxar coa luz
Desde
Thu Jan 15 00:00:00 GMT 2026
ata
Sun Apr 05 21:00:00 GMT 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Entre 1843 e 1900, Pontevedra viviu a chegada e consolidación dunha nova arte e oficio: a fotografía. Este período ―marcado por profundas transformacións sociais e urbanísticas― foi tamén o escenario onde xurdiron as e os primeiros fotógrafos, que coas súas cámaras retrataron non só as e os seus habitantes, senón tamén o pulso dunha cidade que se ía transformando.
Información
Visitas guiadas os xoves, ás 18 horas, e os domingos, ás 12 horas, a partir do 15 de xaneiro de 2026