Encontro Luso-Galaico

#ADepoCoAudiovisual

Encontro Luso-Galaico

de festivais audiovisuais

17 e 18 de xuño de 2022

Pazo provincial. Deputación de Pontevedra

O encontro conta con servizos de interpretación en lingua de signos

Xornada presencial, retransmitida en directo vía streaming:


Pontevedra é unha das provincias que máis festivais audiovisuais achega ao circuíto galego. Nove deses festivais conforman o Rías Baixas Film Fest, unha marca distintiva de prestixio, creada pola Deputación de Pontevedra co obxectivo de identificar, aglutinar e apoiar o desenvolvemento dos festivais organizados na nosa provincia. A diversidade de propostas revela a riqueza editorial e estética que caracteriza os devanditos proxectos.

Eses festivais forman parte de PROXECTA, coordinadora que promove a defensa e a socialización duns proxectos cunha achega ao tecido cultural e socio-económico da nosa provincia e comunidade xa incuestionable: pois os festivais estimulan a interacción social, facilitan o intercambio experiencial, promoven unha difusión cultural integral, promocionan as principais virtudes daqueles municipios onde teñen lugar e internacionalizan as súas propostas.

Mais para que todo isto se produza é preciso o concurso das administracións públicas e de axentes de diversa natureza: institucións, asociacións, centros de formación, profesionais de diversa índole e procedencia xeográfica, patrocinadores… Sen a súa participación o deseño e formalización dos festivais sería inviable.

Partindo deste contexto, e tendo en conta a secular relación entre a nosa provincia e Portugal, un país con algúns dos festivais audiovisuais máis relevantes, coherentes e vangardistas de Europa, a Deputación de Pontevedra, coa colaboración de PROXECTA, propón a realización duns encontros luso-galaicos nos que participarán a maior parte das e dos axentes implicados na xénese, desenvolvemento e formalización dos festivais que se realizan a un lado e outro do Miño.

Cuestións coma o financiamento por parte das diversas administracións, a relevancia das institucións provinciais na socialización dos festivais, a importancia dos certames na promoción da formación e na divulgación da creatividade, a transcendencia da diversidade editorial dos festivais, a procura da igualdade e da sustentabilidade de maneira transversal, as súas contribucións ao tecido socio-económico dos concellos, as políticas de internacionalización e moitos outros aspectos trataranse nuns encontros que aspiran á xeración de sinerxías que permitan transcender os límites fronteirizos e que posibiliten unha real e frutífera interacción entre os festivais, as institucións e os diversos axentes e actores que operan en ambos os territorios.

OBXECTIVOS

  • Estimular as relacións entre as administracións luso-galaicas
  • Coñecer de primeira man as estruturas, funcións e competencias das administracións luso-galaicas
  • Promover a interacción entre axentes sociais, culturais, administrativos e económicos de ambos os territorios
  • Compartir experiencias e contrastar modelos de xestión e desenvolvemento cultural no eido do audiovisual
  • Contrastar as modalidades de patrocinio e o seu impacto e relevancia en cada territorio e a posibilidade de atraer patrocinadores de ambos os territorios
  • Xerar sinerxías que posibiliten xermolar proxectos culturais interterritoriais
  • Analizar a achega dos festivais de cinema á esfera cultural local e territorial
  • Debater o futuro nos festivais e o rol da e do espectador na sociedade poscovid

PROGRAMA

VENRES 17 DE XUÑO

Mañá

APERTURA E BENVIDA

10:15

Salón de plenos


Interveñen:

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Manuel Pena, membro da xunta directiva de Proxecta

ENCONTRO 1

AS ADMINISTRACIÓNS E O DESENVOLVEMENTO DOS FESTIVAIS

10:30

Salón de plenos


Interveñen:

María del Carmen Ribeiro, técnica de Cultura do Concello do Porriño

Paula Cabaleiro, directora de Cultura da Deputación de Pontevedra

Daniel Maciel, director executivo da Asociación Ao Norte

Modera:

Gonzalo E. Veloso, director de INTERSECCIÓN. Festival de Arte Audiovisual Contemporánea

ENCONTRO 2

UNHA TERRA DE CINEMA. OS RÍAS BAIXAS FILM FEST

12:30

Salón de plenos


Interveñen:

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Miriam P. Álvarez, subdirectora do GFFF (Galician Freaky Film Festival)

Manuel Pena, director do FICBUEU (Festival Internacional de Cinema de Bueu)

Teresa Berberena, codirectora do Festival de Cinema Inclusivo de Vigo

Modera:

Belén López, xornalista do Diario de Pontevedra

Tarde

ENCONTRO 3

FESTIVAIS DE CINEMA. AXENTES IMPLICADOS

17:00

Salón de plenos


Interveñen:

Miguel Días, responsable da Agência da Curta Metragem

Paulino Pérez, representante da FSCSC (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación), da Universidade de Vigo

José Quinta Ferreira, representante da ESMAD (Escola Superior de Media Artes e Design)

Noemí Chantada, vicepresidenta de CREA (Asociación de Profesionais da Dirección e Realización)

Modera:

María Ruíz-Falcó, responsable de produción do FICBUEU (Festival Internacional de Cinema de Bueu)

ACCIÓN ESCÉNICA COMO PECHE DA XORNADA:

UNHA MULLER CUNHA CÁMARA

19:00

Vestíbulo de entrada


Por Mercé de Rande e Juanma Lodo

 

SÁBADO 18 DE XUÑO

 

Mañá

ENCONTRO 4

A DIVERSIDADE EDITORIAL

10:30

Salón de plenos


Interveñen:

Dario Oliveira, director do PORTO/POST/DOC Film & Media Festival

Nuno Rodrigues, director do Curtas Vila do Conde

Alfonso Pato, director do Festival de Cans

Johnny Marques, coordinador da Comisión Artística e de Programación de CINANIMA (Festival Internacional de Cinema de Animação de Espinho)

Ana Gontad, directora de programación do Festival Primavera do Cine en Vigo. Festival de Cine Galego e Lusófono

Modera:

Severiano Casalderrey, programador en festivais e subdirector do FICBUEU (Festival Internacional de Cinema de Bueu)

ENCONTRO 5

EXPEDIENTE SITGES

12:00

Salón de plenos


Intervén:

Ángel Sala, responsable da dirección artística do Festival de Sitges

Modera:

Luís M. Rosales, director de Curtas. Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa

Coloquio con Ángel Sala

CLAUSURA DO ENCONTRO

14:00

Documentos