Escola de Enfermería

#ENFERMERÍA

ESCOLA DE ENFERMERÍA

Título de Grao en Enfermería

Está integrado na rama de Ciencias da Saúde e capacita para o exercicio da profesión regulada de enfermería formando profesionais cunha preparación científica e humana necesaria para atender as necesidades de saúde e coidados das persoas sas ou enfermas ao longo da súa vida, das familias e da comunidade nos distintos niveis de atención sanitaria.
Máis información

Escola de cantería

#CANTERÍA

ESCOLA DE CANTERÍA

Desde 15 de xaneiro de 1979

A finalidade da Escola é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería, para ensinar a arte de traballar a pedra. A Escola desenvolve as súas actividades como un obradoiro de traballo artesanal en pedra, no que se combinan o ensino teórico e o práctico.
Máis información

NOTICIAS SOBRE FORMACIÓN

 
		A Deputación e a Universidade de Vigo renovarán o seu pioneiro protocolo de colaboración despois de 7 anos unindo forzas para o avance da provincia

A Deputación e a Universidade de Vigo renovarán o seu pioneiro protocolo de colaboración despois de 7 anos unindo forzas para o avance da provincia

A presidenta provincial recibe ao novo equipo directivo de Manuel Reigosa, con maioría de mulleres, que incorpora a Eva María Lantarón como vicerreitora no campus de Pontevedra

 
		SmartPeme imparte esta próxima semana tres novas accións formativas

SmartPeme imparte esta próxima semana tres novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre fabricación dixital, redes sociais e ciberseguridade

 
		SmartPeme comeza xullo con catro novas accións formativas

SmartPeme comeza xullo con catro novas accións formativas

O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación ofrece cursos de SEO e SEM, fabricación dixital, deseño de imaxes para preimpresión e medios dixitais e utilización da ferramenta Benchmark Email

Video