Tansparencia

Unidade Responsable de Accesibilidade

Creación

A norma que recolle as obrigas e dereitos en materia de accesibilidade aplicables aos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público é o Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Na procura de garantir a igualdade e a non discriminación no acceso das persoas usuarias, e en particular das persoas con discapacidade e das e dos maiores, a Deputación de Pontevedra crea a Unidade Responsable de Accesibilidade, que é o órgano colexiado adscrito á Secretaria Xeral ao que lle corresponde garantir o cumprimento dos requisitos de accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles na Deputación de Pontevedra.

Coa súa creación cúmprese o requirimento legal previsto polo Real decreto 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, co obxectivo de consolidar o compromiso real de garantir a accesibilidade e non discriminación web por parte da nosa Deputación.

Estrutura

Componse dos seguintes membros:

  • Presidencia: a persoa titular da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra
  • Vogais:
    • 1.º A persoa asesora xurídica con competencias en novas tecnoloxías
    • 2.º A persoa responsable de portais web adscrita ao Servizo de Novas Tecnoloxías
    • 3.º A xefa ou xefe de Sección de Páxina Web

Funcións

Encárgase de:

  • Coordinar e velar polo funcionamento efectivo dos mecanismos de comunicación
  • Atender e responder as reclamacións remitidas
  • Revisar as avaliacións de accesibilidade
  • Coordinar as revisións periódicas de accesibilidade
  • Coordinar e fomentar as accións de formación, promoción e concienciación
  • Realizar anualmente os informes previstos nesta materia
  • Actuar como punto de contacto co ministerio que teña competencias nesta materia
  • Actuar como interlocutora coas organizacións competentes e designar as persoas que recibirán as notificacións e informes do Observatorio de Accesibilidade Web (OAW)
  • Coordinar a xeración e o envío de informes puntuais ou xornais ao OAW e á Comisión Sectorial de Administración Electrónica

Contacto

Enderezo electrónico: transparencia@depo.es

Teléfono: 986 804 100

Última modificación: martes, 17 novembro 2020