A Deputación ten aberto ata o venres o prazo para que as cooperativas agrogandeiras soliciten axudas para recuperar e poñer en valor os recursos agrarios da provincia

A institución provincial destina 250.000 € a esta liña de axudas, que se distribuirán por concorrencia competitiva e achegarán ás cooperativas contías que oscilan entre os 600 e os 35.000 euros

22/07/2024

A Deputación de Pontevedra ten aberto ata este venres, 26 de xullo, o prazo para que as cooperativas agrogandeiras da provincia soliciten axudas para realizar investimentos que estean destinados a recuperar e poñer en valor os recursos agrarios endóxenos de carácter agrícola e gandeiro. As axudas, dotadas con 250.000 euros, repartiranse en base a criterios de concorrencia competitiva e distribuiranse contías entre as cooperativas que oscilan entre os 600 e os 35.000 euros.

En liñas xerais, cada cooperativa poderá recibir un máximo do 65% do orzamento da actividade subvencionable, sempre que este non supere os 70.000 euros.  Entre os gastos subvencionables atópanse os investimentos para mellorar os servizos que presta a cooperativa, como adquisición de terreos, obras, construcións, equipos, instalacións, melloras en edificios e nos seus accesos, etc.; a comercialización, a transformación e a valorización das producións; a formación técnica e o asesoramento para desenvolver proxectos de investigación e innovación tecnolóxica, ou o uso das novas tecnoloxías e das enerxías renovables e o aforro enerxético.

As solicitudes deben  presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Nas bases da convocatoria poden consultarse todos os detalles desta liña de axudas provinciais.

Noticias relacionadas

{"classPK":11579159,"groupId":"37861","name":"20241107_gandeiros_rafaestevez_01.jpg","alt":"Apoio ao sector gandeiro con 100.000 euros máis de axuda","title":"20241107_gandeiros_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"c863e25a-583e-43c0-2cf7-eb6e64a05068","fileEntryId":"11579159","resourcePrimKey":"11579193"}

Luis López lembra que a Deputación reforzará o apoio ao sector gandeiro con 100.000 euros máis de axuda: “O primario é riqueza, saúde e fixación de poboación no rural”

  07/11/2024

{"classPK":11458730,"groupId":"37861","name":"LLLRodeiroRubiaPais.jpg","alt":"Luis López coa Asociación Gandeira Rubia galega do País en Rodeiro","title":"LLLRodeiroRubiaPais.jpg","type":"document","uuid":"c1b9c2f3-9e33-16df-85af-c080d0d66b67","fileEntryId":"11458730","resourcePrimKey":"11458747"}

Luis López celebra en Rodeiro a creación da Asociación Gandeira Rubia galega do País en Rodeiro para poñer en valor a gandería e o modo de vida rural

  20/10/2024

{"classPK":11142820,"groupId":"37861","name":"20240830_luislopez_xunta_goberno_jphilippot_05.jpg","alt":"Reparto de axudas provinciais ás cooperativas agrogandeiras","title":"20240830_luislopez_xunta_goberno_jphilippot_05.jpg","type":"document","uuid":"2f8f55cd-3157-6855-0043-ec6af19359ad","fileEntryId":"11142820","resourcePrimKey":"11142839"}

Luis López anuncia o reparto dos 250.000 euros de axudas provinciais ás cooperativas agrogandeiras entre 14 entidades de oito concellos da provincia

  30/08/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.