Luis López comproba nas Neves a transformación dos equipamentos do Concello tras recibir 150.000 euros dos Plans de Infraestruturas Deportivas da Deputación

O presidente provincial comprobou o remate das obras de renovación do pavimento do pavillón municipal acompañado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, ao que lle adiantou a aprobación este venres do proxecto para a cuberta das pistas de pádel por 98.500 €

13/02/2025

O presidente provincial comprobou o remate das obras de renovación do pavimento do pavillón municipal acompañado polo alcalde Jose Manuel Alfonso

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salientou o impulso que a primeira e segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas posto en marcha polo goberno provincial está a dar as instalacións municipais de toda a provincia. Fíxoo nunha visita ao Concello das Neves acompañado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, para comprobar o remate das obras de renovación do pavimento do pavillón municipal financiadas integramente polo ente provincial e anunciar a concesión dunha nova axuda para a construción dunha cuberta para as pistas de pádel municipais que supoñen un investimento total de case 150.000 euros. “Desde a Deputación estamos a dar un impulso que para modernizar as instalacións deportivas en concellos de toda a provincia a través de programas extraordinarios como os PEID (Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas) ou o +Provincia”, salientou o mandatario provincial.

A visita do presidente Luis López ás Neves serviu para comprobar o remate das obras, valoradas en 39.500€ e financiadas ao 100 % pola Deputación a través dunha subvención enmarcada na primeira edición do PEID, que serviron para renovar o pavimento deportiva do pavillón municipal para adaptalo aos novos tempos e ofrecer un mellor servizo aos seus usuarios. Unha visita que o titular do goberno provincial aproveitou para anunciar a aprobación, este venres en Xunta de Goberno, da achega que lle corresponde ao Concello das Neves pola segunda edición do PEID, que veu dobrada a súa dotación económica ata acadar os 8 millóns de euros. Segundo avanzou Luis López, o Concello recibirá unha axuda de 98.500 euros para construír unha cuberta para as dúas pistas de pádel municipais. Uns fondos que servirán para financiar o 100 % do custo do proxecto.

Investimentos que supoñen un paso adiante para seguir facendo de Pontevedra “a provincia do deporte”, consolidada non só a través deste tipo de plans específicos, senón tamén cunha aposta decidida polo “incremento do apoio a deportistas, clubs ou federacións” ou a “organización de eventos deportivos de impacto mundial”.

Con todo, a colaboración da Deputación non se limita unicamente ás infraestruturas deportiva. A través dos distintos plans de cooperación que o goberno provincial ten en marcha, o Concello das Neves poderá recibir este ano un total de 1,23 millóns de euros a través de plans como o citado PEID, o +Provincia, do que recibirá ata 629.500 euros; e o novidoso Plan Extra, co que poderá optar a un máximo de 500.000 euros para financiar proxectos transformadores. “unha mostra da sensibilidade do goberno provincial para mellorar os servizos, as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza de todos os concellos da provincia”, concluíu Luis López.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":12192005,"groupId":"37861","name":"20250214_roldaprensa_rafaestevez_02.jpg","alt":"rolda de prensa de Luis López","title":"20250214_roldaprensa_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"1654d916-32f5-3346-1ef5-1ab3ebf2d8b2","fileEntryId":"12192005","resourcePrimKey":"12192017"}

A Deputación aproba achegas por valor de 550.000 euros para que cinco concellos da provincia realicen melloras en equipamentos deportivos

  14/02/2025

{"classPK":12187844,"groupId":"37861","name":"20250213_javier_touris_reforma _acceso_o_pineirino.jpeg","alt":"Visita as obras de mellora do acceso ao Piñeiriño","title":"20250213_javier_touris_reforma _acceso_o_pineirino.jpeg","type":"document","uuid":"f329ff37-e6ee-b98d-e722-0200fbd9fbd4","fileEntryId":"12187844","resourcePrimKey":"12187859"}

A Deputación visita en Vilagarcía de Arousa as obras de mellora do acceso ao Piñeiriño, nas que investiu máis de 214.000 euros a través do Plan +Provincia

  13/02/2025

{"classPK":12187302,"groupId":"37861","name":"20250213_belen_cachafeiro_ricardo_martinez_campo_futbol_forcarei.jpeg","alt":"A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou xunto co deputado Ricardo Martínez o campo de fútbol municipal de Forcarei","title":"20250213_belen_cachafeiro_ricardo_martinez_campo_futbol_forcarei.jpeg","type":"document","uuid":"d84cf5f2-3e94-a8c5-448c-9915dd8f3237","fileEntryId":"12187302","resourcePrimKey":"12187349"}

A Deputación avanza que este venres aprobará axudas de preto de 100.000 euros para o proxecto de mellora do campo de fútbol municipal proposto polo Concello de Forcarei

  13/02/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.