A Deputación abre o prazo para que concellos e entidades sen ánimo de lucro soliciten as axudas provinciais para o fomento da igualdade, que estarán dotadas con medio millón de euros
As axudas para os concellos de menos de 20.000 habitantes contan cun orzamento de 260.000 € e van dirixidas a mellorar a atención integral ás vítimas da violencia machista, así como para axudar a mulleres vulnerables e impulsar a súa formación e orientación
20/01/2026
A Deputación de Pontevedra abre o prazo para que os concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia e as entidades de iniciativa social soliciten as axudas provinciais para o fomento da igualdade, que neste 2026 estarán dotadas con medio millón de euros. Ambas liñas de axudas, que avalan o compromiso do goberno provincial coa igualdade e coa loita contra a violencia machista, manterán o prazo de solicitude aberto ata o 19 de febreiro.
Por unha banda, 260.000 € irán dirixidos aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Con estes recursos provinciais, os gobernos locais poderán impulsar iniciativas que permitan mellorar a atención integral ás mulleres vítimas da violencia machista e ás súas fillas e fillos, así como axudar ás vulnerables e impulsar a súa formación e orientación.
No que respecta a entidades sociais sen fins de lucro, as axudas chegarán neste 2026 aos 240.000 €, tras ter incrementado a contía en 40.000 € respecto aos 200.000 previstos inicialmente. Con estes recursos da Deputación, as entidades poderán poñer en marcha programas de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero, así como iniciativas para atender ás súas vítimas ou programas dirixidos a mulleres vulnerables ou con dificultades e actividades para o fomento da igualdade.
Ligazóns de interese
- Subvencións a concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero
- Subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero