Luis López confirma a aprobación do convenio co Concello de Pontevedra para investir preto de 600.000 € en actuacións culturais e de promoción dos Premios Feroz
“Novamente este goberno provincial demostra o seu firme compromiso coa capital da provincia, co seu desenvolvemento, coa súa promoción e con espallar unha oferta cultural de calidade”, subliñou o presidente
23/01/2026
Luis López confirma a aprobación do convenio co Concello de Pontevedra para investir preto de 600.000 € en actuacións culturais e de promoción dos Premios Feroz. “Novamente este goberno provincial demostra o seu firme compromiso coa capital da provincia, co seu desenvolvemento, coa súa promoción e con espallar unha oferta cultural de calidade”, subliñou o presidente.
A Deputación de Pontevedra destina 300.000 € e o Concello de Pontevedra 268.000 € no marco deste convenio para impulsar iniciativas culturais arredor da décimo terceira edición da gala de entrega destes premios que acolle a capital da provincia este sábado.
A finais do pasado ano asinouse o protocolo entre a Deputación e o Concello de Pontevedra para a posta en marcha destas actividades. O organismo provincial achega neste 2026 100.000 € máis que o destinado o pasado ano a estes premios que “van colocar á provincia na elite dos mapas culturais, como ocorreu coa Bienal, algo que é dunha enorme transcendencia”.