Luis López defende iniciativas como a mellora da Praza de Abastos da Guarda, cun investimento de 155.000€, que estimulan o consumo de produtos locais e de calidade

O presidente provincial, xunto co alcalde e deputado Roberto Carrero, visita este histórico edificio do núcleo urbano guardés renovado con fondos provinciais

05/03/2026

Luis López defende iniciativas como a mellora da Praza de Abastos da Guarda, cun investimento de 155.000€, que estimulan o consumo de produtos locais e de calidade

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca o investimento de 155.000 euros achegados polo organismo provincial para financiar o 100 % da reforma da Praza de Abastos da Guarda, un edificio histórico que data do ano 1932 referente no sur da provincia dun comercio de proximidade e de calidade e que foi visitado este xoves polo mandatario provincial xunto co alcalde e deputado, Roberto Carero. Esta intervención supón ademais unha nova mostra de apoio por parte do goberno provincial aos pequenos produtores da provincia, desde o sector da pesca ao agrogandeiro, que neste contexto de incerteza económica e comercial pola competencia doutras rexións contan co respaldo da administración provincial e uns plans de axudas que repartiron máis de 1,1M€ neste mandato entre as cooperativas agrogandeiras e as confrarías de pescadores.

“É gratificante ver casos de praceiras que se manteñen desde 1940 neste Mercado de Abastos. Un traballo que vai ter continuidade da man do apoio das administracións”, afirmou o presidente provincial en referencia aos investimentos realizados neste edificio a través da colaboración entre a Deputación e o Concello. “Convidamos á veciñanza de todos os puntos do concello e tamén aos peregrinos, que cada vez son máis os que completan o Camiño Portugués pola Costa, a que veñan mercar esta praza de abastos e consuman un produto fresco e da máxima calidade que lles dará forzas para chegar a Santiago”, engadiu o dirixente provincial.

A obra, valorada en 155.000 euros, serviu para entregar aos vendedores e aos compradores que acoden a diario a este establecemento un edificio máis accesible, máis funcional e adaptado ás necesidades de todos os usuarios. “Foi un proxecto complexo, que incorporou modificacións trasladadas polos praceiros e praceiras, como a colocación dunha reixa que impide que o chan estea sempre mollado; así como unha importante mellora estética”, sinalou López, quen destacou o compromiso do alcalde e o equipo de goberno para facer realidade a actuación. “Hai que agradecer ao alcalde por ser quen de executar este proxecto tan demandado, tan ben encaixado e por salvar as vicisitudes do proxecto. Parabéns tamén por buscar unha colaboración que atopou na Deputación”, salientou o mandatario provincial antes de recoñecer tamén o papel que está a desempeñar Roberto Carrero como responsable do servizo de Cooperacións Transfronteiriza na Deputación.

Neste sentido, o rexedor e deputado provincial salientou que o carácter desta obra para “poñer en valor o un mercado accesible e de proximidade para a promoción de produtos locais, o compromiso da Deputación e do seu presidente e o agradecemento aos praceiros e praceiras para poder desfrutar da frescura e proximidade dos produtos que nos brindan”.

A colaboración da administración provincial co Concello da Guarda non se limita unicamente á mellora desta praza de Abastos. A través doutros programas de cooperación, a Deputación promove actuacións como a rehabilitación do Bloque 1 do Edificio Sinde, valorado en 1M€; o acondicionamento do campo de fútbol da Sangriña, por 70.000€; ou a reforma da antiga Casa Consistorial para convertela en biblioteca municipal por 250.000€. Un compromiso que se verá reforzado neste 2026, no que a Deputación ten previsto mobilizar na Guarda un total de 2,4M€.

Galerias de imaxes

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14747483,"groupId":"37861","name":"20260303_LuisLopez_FeiraTurismoBerlin_ClusterGalicia.jpg","alt":"LUIS LÓPEZ FEIRA TURISMO BERLÍN ","title":"20260303_LuisLopez_FeiraTurismoBerlin_ClusterGalicia.jpg","type":"document","uuid":"80f1aeba-5634-ff31-dd11-c55074ceae35","fileEntryId":"14747483","resourcePrimKey":"14747547"}

Luis López sinala que o primeiro stand propio de Rías Baixas na feira ITB de Berlín supón un novo fito na internacionalización do destino e na busca de viaxeiros interesados na oferta de deporte e natureza

  03/03/2026

{"classPK":14710592,"groupId":"37861","name":"20260227_luislopez_rpxuntagoberno_rafaestevez3.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260227_luislopez_rpxuntagoberno_rafaestevez3.jpg","type":"document","uuid":"adff7515-2c1a-4b15-5c89-ccd06ce94dc4","fileEntryId":"14710592","resourcePrimKey":"14740395"}

Luis López anuncia a adxudicación das obras de mellora da seguridade de catro estradas provinciais en Campo Lameiro por máis de medio millón de euros

  27/02/2026

{"classPK":14710427,"groupId":"37861","name":"20260227_luislopez_xuntagoberno_rafaestevez1.jpg","alt":"Xunta de Goberno","title":"20260227_luislopez_xuntagoberno_rafaestevez1.jpg","type":"document","uuid":"d11da326-6308-e48b-21f9-4a970f8f6eae","fileEntryId":"14710427","resourcePrimKey":"14740229"}

A Deputación financiará integramente o proxecto de ensanche e acondicionamento dun treito de máis de tres quilómetros da estrada de Portas a Romai

  27/02/2026