Luis López asiste ao acto de toma de posesión de Pablo Fernández como novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra

02/06/2026

Luis López asiste ao acto de toma de posesión de Pablo Fernández como novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este martes na sede da Xunta de Galicia en Pontevedra ao acto de toma de posesión de Pablo Fernández como novo delegado territorial da Administración Autonómica en Pontevedra en substitución do xa exdelegado Agustín Reguera. O mandatario provincial deu os parabéns tanto ao novo delegado, polo seu nombramento; como ao seu antecesor, polo traballo realizado.