Luis López destaca a importancia de festas gastronómicas como a do Mexillón e do Berberecho de Vilanova, que converten a Pontevedra na capital da gastronomía

09/08/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado provincial Javier Tourís, acudiu este domingo á Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa, onde puxo en valor o papel das festas gastronómicas como embaixadoras dos produtos do mar e da identidade da provincia. Durante a súa visita destacou que citas como esta contribúen a situar Pontevedra como referente gastronómico e turístico, ao tempo que impulsan a economía local e poñen en valor o traballo do sector.

Galerias de imagenes