Luis López salienta a mellora da accesibilidade dos edificios públicos que impulsa o +Provincia en lugares como Baiona, cun investimento de 250.000€ na casa consistorial

O mandatario provincial, acompañado polo alcalde e deputado Jesús Vázquez Almuíña, comproba o remate das obras de instalación dun ascensor e construción dunhas escaleiras nas que a Deputación achegou 176.000€

11/07/2025

Luis López visita Baiona +Provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a mellora de edificios públicos nos que se prestan importantes servizos á veciñanza, coma a casa consistorial de Baiona, que se executan grazas aos recursos do plan  +Provincia. Acompañado polo deputado e alcalde Jesús Vázquez Almuíña, o mandatario provincial comprobou o remate dunha obra valorada en preto de 250.000 euros e que foi posible grazas á colaboración entre as administracións municipal e provincial. Trátase dunha obra pensada para mellorar os servizos prestados á veciñanza, ao poñer solución aos problemas de accesibilidade á casa de toda a veciñanza de Baiona, explicou o presidente Luis López..

As actuacións, xa rematadas e executadas ao abeiro da anualidades do 2024 do plan +Provincia cunha achega da Deputación de 176.000 euros, centráronse na instalación dun ascensor e dunha escaleira para dar acceso aos distintos niveis do edificio. Unha actuación provisional que será completada no futuro cunha renovación integral do inmoble, pero que serviu para colocar o elevador no seu lugar definitivo ao tempo que resolve unha necesidade urxente.

Un compromiso da Deputación co Concello de Baiona non se limita unicamente á colaboración neste proxecto. Nestes dous primeiros anos de mandato de Luis López como presidente provincial, o investimento da Deputación en Baiona supera os 3,2 millóns de euros. A través dos Plans +Provincia dos anos 2024 e 2025, realízanse investimentos valorados en máis de 2M€, entre os que sobresaen a mellora de numerosos camiños ou a humanización da praza Victoria Cadaval; sobresae o investimento de 240.000 euros ao abeiro dos PEID I e II, destinados á reforma do campo de fútbol do Aral ou aos pavillóns municipal e o do CEIP Fontes; e a través do novidoso plan Extra, reurbanizarase a contorna de Santa Liberata cun investimento de 900.000 euros. Neste sentido, o mandatario provincial puxo en valor o labor do alcalde Vázquez Almuiña e o seu equipo para poñer en marcha tanto grandes obras como proxectos máis humildes.

Unha visita, na que tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, na que o presidente da Deputación reafirmou o compromiso do seu goberno cos 61 concellos da provincia e a súa vontade de seguir transformando e modernizando o espazo público para mellorar a calidade de vida da veciñanza.  

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.