Luisa Sánchez asiste ao coloquio “Vigo e o mar. Un futuro sostible” organizado polo Instituto de Estudos Vigueses

24/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este xoves á charla-coloquio “Vigo e o mar. Un futuro sostible” organizada polo Instituto de Estudos Vigueses, dentro do seu proxecto Construíndo Pontes, e en colaboración coa Autoridade Portuaria de Vigo. Este encontro buscou abrir un debate sobre como compatibilizar a actividade económica marítima, a protección do entorno e as necesidades da cidadanía. O coloquio permitiu examinar a relación entre o porto e a cidade, o futuro da pesca, a industria dos produtos do mar e a investigación e cooperación neste sector. “Estes tipos de análise son fundamentais para coñecer a situación actual do sector da pesca e do mar, pero tamén para decidir que pasos queremos dar para construír o mellor futuro”, sinalou a vicepresidenta.

Galerias de imaxes