Luisa Sánchez asiste á primeira xornada do Festival Son e Mar en Vigo, con música ‘remember’ e entrada de balde

PE FOTO LUISA SANCHEZ FESTIVAL SON E MAR 07-09-2026

04/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á primeira xornada de concertos do Festival Son e Mar, que encheu de música o Peirao de Transatlánticos do Porto de Vigo con actuacións de Sonia Madoc, Rebeca e o dúo danés Safri Duo, ademais das sesións dos DJ vigueses Rob e Fernando Collazo. O festival continúa este sábado cun novo serán dedicado a grandes nomes da música española das últimas décadas como Amistades Peligrosas, Cómplices, Rafa Sánchez de La Unión e Tam Tam Go. Todas estas actuacións son de acceso libre ata completar aforo.

Galerias de imaxes