Luisa Sánchez recibe ao Club Maniotas tras o seu histórico ascenso a Primeira División
09/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, recibiu este martes na sede de Vigo ao Club Maniotas tras o seu histórico ascenso á Primeira División de ximnasia rítmica. Durante o acto, no que tamén participou a directora de Deportes, Xisela Aranda, a vicepresidenta felicitou ás ximnastas Mireia Alonso, Uxue Álvarez, Yailén Puga e Laura Lewinska, así como ás adestradoras Aiala Ortiz e Silvia Álvarez e á presidenta do club, Paula García, polo traballo que permitiu ao equipo vigués acadar a máxima categoría estatal. Ademais de trasladarlles o recoñecemento da institución provincial, transmitiulles os seus mellores desexos de cara á fase final da Liga Iberdrola, que se celebrará o vindeiro mes de xullo en Castellón.
