A sede da Deputación en Vigo acolle a primeira das oito citas de ‘Arredor do té’ para sensibilizar sobre a realidade do pobo saharauí

15/06/2026

A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo acolleu este luns a primeira das oito xornadas que o ciclo ‘Arredor do té’ desenvolverá por distintos concellos de Galicia para achegar á cidadanía a realidade do pobo saharauí. A iniciativa, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), enmárcase na conmemoración do Día das Persoas Refuxiadas. No encontro participaron a vicepresidenta provincial, Luisa Sánchez, e a deputada de Benestar Social, Paula Bouzós, xunto ao delegado da República Árabe Saharaui Democrática en Galicia, Abidin Bucharaya, e á presidenta de SOGAPS, Maite Isla. Durante o acto, que combinou a tradicional cerimonia do té cunha análise da situación actual nos campamentos de refuxiados saharauís, púxose en valor o compromiso solidario de Vigo, que é a cidade de España que máis nenos e nenas saharauís acolle durante o verán.

Galerias de imaxes