A Deputación acolle no Museo de Pontevedra a presentación do XIX Certame Galego de Bandas de Música

07/10/2026

A Deputación acolle no Museo de Pontevedra a presentación do XIX Certame Galego de Bandas de Música

A Deputación acaba de acoller no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a presentación do XIX Certame Galego de Bandas de Música. O deputado de Cultura, Jorge Cubela, xunto co director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o concelleiro de Cultura de Pontevedra, Demetrio Gómez, e o representante da Federación Galega de Bandas de Música, Jorge González, foron os encargados de dar a coñecer este certame previamente á actuación do quinteto de metais Minho Reed Quintet.

Cubela subliñou o feito de presentar o certame no Museo de Pontevedra, “un símbolo da cultura galega, en numerosas manifestacións e disciplinas, e un espazo de protección do legado cultural da provincia e de Galicia no seu conxunto”. Tamén aproveitou a ocasión para enxalzar o labor que desenvolve a Federación Galega de Bandas de Música para “poñer en valor o patrimonio inmaterial e a música popular e tradicional galega” e a importancia de que sexa Pontevedra o lugar de acollida da décimo novena edición do certame “por ser unha provincia onde as bandas de música teñen moitísima tradición”.

Galerias de imaxes