Luisa Sánchez asiste á entrega das Medallas ao Mérito do Camiño Portugués da Costa
10/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu en Baiona ao acto protocolario de entrega das Medallas ao Mérito do Camiño Portugués da Costa, celebrado na Capitanía Marítima. As distincións concedidas polo Concello recoñecen á Xunta de Galicia, a título institucional, e a Juan Manuel López-Chaves Meléndez, a título póstumo, pola súa contribución á promoción e posta en valor desta ruta xacobea. Luisa Sánchez pon en valor o papel do Camiño Portugués da Costa, que cumpre o dez anos desde a súa declaración oficial nun contexto de forte crecemento, e salienta a atracción turística que está a xerar esta ruta que atravesa a provincia de sur a norte.
