Luisa Sánchez destaca o compromiso do Club Ciclista Teis co deporte base na presentación da nova tempada

24/11/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou este domingo no acto de presentación da nova tempada das categorías inferiores do Club Ciclista Teis, no que se deron a coñecer os equipos cadete, xuvenil, sub23 e Escolas. Durante a súa intervención, puxo en valor o traballo que realiza a entidade viguesa “formando deportistas e persoas desde a base” e destacou o papel do club como “exemplo de compromiso coa mocidade e co deporte”. A responsable provincial tamén agradeceu o apoio da empresa Hermasa como patrocinadora do club e recoñeceulle en persoa a expresidente José Antonio Ramos a súa “dedicación e entrega” ao longo de 23 anos.

Galerias de imaxes

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.