Luis López asina co alcalde de Arbo, Horacio Gil, o convenio para ampliar un edificio para atender á infancia coa achega de 490.000€ da Deputación

O presidente provincial salienta o compromiso municipalista da Deputación, que achega este ano ao Concello de Arbo un total de 1,1M€ a través de plans de cooperación como o +Provincia, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e o Plan Extra

08/05/2025

Luis López e o alcalde de Arbo, Horacio Gil

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asinou este martes o convenio de colaboración co alcalde de Arbo, Horacio Gil, para o financiamento do proxecto de reforma e ampliación dunha edificación para convertela en centro de atención á infancia. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Gil selaron un acordo a través do cal o a Deputación achega preto de 490.000€ para o financiamento dun proxecto valorado en 574.000€.

O proxecto céntrase nunha edificación existente que foi reformada recentemente para crear un Centro Social, onde se aloxan tamén oficinas municipais. A parte posterior da planta baixa deste inmoble estaba sen reformar xa que desde esa zona é posible ampliar a edificación para crear outro espazo municipal. O obxecto deste proxecto é a creación dun Centro de Atención á Infancia. Na planta baixa, con acceso directo desde a parcela, resérvase un espazo de aparcamento integrado nunha zona verde. O acceso realízase a través dun patio cuberto con zona para carriños e vestíbulo. O edificio contará con tres aulas polivalentes que poden unirse nun só espazo, habilítase tamén un patio de xogos con zonas cubertas e descubertas, así como unha cociña con acceso exterior, conectada directamente coa sala de usos múltiples.

A colaboración da Deputación co Concello de Arbo non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial un total de 1,1M€ a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.
 

Noticias relacionadas

{"classPK":12856934,"groupId":"37861","name":"20250527_LuisLopez_PlanExtra_Pontecesures.jpg","alt":"Luis López asina co alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino","title":"20250527_LuisLopez_PlanExtra_Pontecesures.jpg","type":"document","uuid":"25a28626-2c85-3512-18d0-551abe6de01c","fileEntryId":"12856934","resourcePrimKey":"12856947"}

Luis López asina co alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino, o convenio para financiar o 100 % da reforma da rúa Carlos Maside por máis de 435.000€

  27/05/2025

{"classPK":12816014,"groupId":"37861","name":"20250428_luislopez_planextra_mondariz_jphilippot_03.jpg","alt":"Luis López e o alcalde de Mondariz, Pablo Barcia","title":"20250428_luislopez_planextra_mondariz_jphilippot_03.jpg","type":"document","uuid":"efaecd19-351d-bf33-d27d-895781566972","fileEntryId":"12816014","resourcePrimKey":"12816030"}

Luis López asina co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, o convenio para mellorar o pavillón municipal cun investimento de medio millón de euros

  17/05/2025

{"classPK":12791893,"groupId":"37861","name":"20250513_LuisLopez_AlcaldeGrove_PlanExtra_Restevez.jpg","alt":"Luis López e o alcalde do Grove, José Cacabelos","title":"20250513_LuisLopez_AlcaldeGrove_PlanExtra_Restevez.jpg","type":"document","uuid":"6fb356b4-28d8-b034-d06d-c44ce5a5226e","fileEntryId":"12791893","resourcePrimKey":"12791918"}

Luis López asina coa alcalde do Grove, José Cacabelos, o convenio para financiar, por 717.500€, o 100% da fase 2 da humanización da zona de Sineiro

  13/05/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.