Luis López asina co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, o convenio co que a Deputación financia o 100 % da ampliación e humanización do Camiño Agrelo

O presidente provincial salienta a combinación dos fondos do Plan Extra e o +Provincia para executar un proxecto estratéxico que transformará a mobilidade e os servizos públicos nunha zona moi transitada pola veciñanza de Campo Lameiro

03/06/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de asinar o convenio de colaboración co alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, para a reforma urbana e humanización do Camiño Agrelo. Un acordo asinado no marco do Plan Extra, o novidoso plan de investimentos do goberno provincial que mobiliza ata 38 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para executar proxectos estratéxicos. No Pazo provincial, López e Costa selaron un acordo a través do cal o organismo provincial financia o 100 % dun proxecto valorado en máis de medio millón de euros cunha achega de 450.000€ a través do Plan Extra e co aporte de 78.200€ para cubrir a parte correspondente ao Concello a través do Plan +Provincia. "Falamos dunha zona de tránsito que aglutina gran parte dos servizos, de ámbito deportivo, educativo e sanitario. Ampliaremos unha rúa moi pequena que dará solución tamén ao saneamento. Unha obra financiado ao 100 % pola Deputación.", afirmou o presidente Luis López.

O camiño Agrelo, comprendido entre a rúa José Antonio e a estrada PO-231, ten unha lonxitude aproximada de 575 metros de ancho variable que será obxecto dunha profunda reforma urbana a todos os niveis. A obra contempla a renovación total dos pavimentos, o da calzada e o da beirarrúa. Así mesmo, renovarase o alumeado público e procederase á instalación da rede de saneamento de residuais e pluviais, así como á mellora da accesibilidade e da seguridade viaria.

A colaboración da Deputación co Concello de Campo Lameiro non se limita unicamente ao Plan Extra. O Concello ten previsto recibir este ano de mans do organismo provincial máis de 1 millón de euros a través de programas do servizo de Cooperación como o Plan +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

audios

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López

Alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa

Novas relacionadas

{"classPK":12988260,"groupId":"37861","name":"20250613_LuisLopez_ExtraRodeiro_Restevez_1.jpg","alt":"Luis López asina o convenio co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas","title":"20250613_LuisLopez_ExtraRodeiro_Restevez_1.jpg","type":"document","uuid":"70ac51b9-0e1a-06fb-ed05-b3278ccb52ab","fileEntryId":"12988260","resourcePrimKey":"12988289"}

Luis López asina co alcalde de Rodeiro, José Luis Camiñas, o convenio para abrir un centro de día e un punto de atención á infancia no Concello por 1,16M€

  13/06/2025

{"classPK":12970855,"groupId":"37861","name":"20250611_LuisLopez_ExtraPortas.jpg","alt":"Luis López asina co alcalde de Portas, Ricardo Martínez","title":"20250611_LuisLopez_ExtraPortas.jpg","type":"document","uuid":"63c005a9-b875-974c-df2b-ff4b6493f20e","fileEntryId":"12970855","resourcePrimKey":"12970873"}

Luis López asina co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, o convenio co que a Deputación financia os 617.700€ da reforma do edificio da escola de música

  11/06/2025

{"classPK":12895520,"groupId":"37861","name":"20250603_LuisLopezPlanExtraGondomar_REstevez.jpg","alt":"convenio de colaboración co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira","title":"20250603_LuisLopezPlanExtraGondomar_REstevez.jpg","type":"document","uuid":"cab25f88-53ee-cfae-0419-e18441b6434e","fileEntryId":"12895520","resourcePrimKey":"12895586"}

Luis López asina co alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, o convenio co que a Deputación financia o 100 % da reforma da contorna da igrexa de Donas

  03/06/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.