A Deputación achega preto de 28.000 euros ao Concello de Mondariz para o saneamento do campo de fútbol municipal da Lagoa
Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello máis dun millón de euros ao sumar preto de 620.000 euros do 2026 e o adianto de preto de 434.000 euros da liña de investimentos do 2027
08/10/2026
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de preto de 28.000 euros para que o Concello de Mondariz faga fronte ao saneamento do campo de fútbol municipal da Lagoa. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello máis dun millón de euros ao sumar preto de 620.000 euros do 2026 e o adianto de preto de 434.000 euros da liña de investimentos do 2027.
Cos recursos provinciais o Concello de Mondariz construirá un tramo de colector de saneamento na contorna do campo de fútbol municipal da Lagoa. Deste xeito canalizaranse tubaxes de PVC destinadas á rede de saneamento para conectar a rede de fecais do novo campo de fútbol, incluíndo actuacións complementarias como escavacións, pozos e reposicións.
Prevense executar 352 metros de tubaxes que desembocarán nun colector existente. Nos cambios de dirección, conexións con outros colectores e conexións con acometidas domiciliarias, instalaranse pozos de rexistro. Naqueles espazos da vía pública afectados pola instalación da nova rede de saneamento, reporase o firme con novo pavimento.