Rafa Domínguez destaca a importancia de eventos culturais como o Río Verbena Fest para consolidar a cidade de Pontevedra como capital cultural
Rafa Domínguez destaca a importancia de eventos culturais como o Río Verbena Fest para consolidar a cidade de Pontevedra como capital cultural
19/08/2026
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, sinalou este mércores durante a presentación da nova edición do Río Verbena Fest a importancia deste tipo de eventos culturais para consolidar a cidade de Pontevedra como a capital cultural de Galicia. O vicepresidente lembrou que se trata dunha das dez citas que conforman o calendario dos Rías Baixas Fest, impulsados pola institución provincial para promover no conxunto da provincia un circuíto de eventos que ofrecen unha oferta musical de calidade e brindan experiencias turísticas únicas. Rafa Domínguez, ademais, destacou o seu “cartel de primeira liña”, así como o feito de que se trata dun festival “feito por xente de Pontevedra”, poñendo en valor o gran peso da industria cultural na cidade e na provincia.
Río Verbana Fest celebrarase os días 21 e 22 de agosto coa presenza de artistas como Siloé, Love of Lesbian, La La Love You, Xoel López, Sidonie ou Carlos Ares na explanada do Recinto Feiral de Pontevedra, e aposta un ano máis polo talento local con nomes como o da pontevedresa Yoly Saa ou os protagonistas das Sesións Verbeneiras celebradas na praza de Méndez Núñez.
