Rafa Domínguez pon en valor o traballo dos voluntarios de Cruz Vermella de Pontevedra

15/09/2026

Rafa Domínguez pon en valor o traballo dos voluntarios de Cruz Vermella de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, puxo en valor o traballo desenvolvido polos voluntarios de Cruz Vermella de Pontevedra nunha visita á entidade, na que estivo acompañado pola deputada provincial de Benestar Social, Paula Bouzós, destacando a súa “implicación e solidariedade” no apoio e acompañamento a persoas maiores e en situación de risco e vulnerabilidade.

O vicepresidente provincial aproveitou ademais para poñer en valor as iniciativas que desenvolve a entidade, como o programa Conta con nós, co que colabora a Deputación, “unha proposta que nos está a permitir avanzar na educación emocional, na promoción da saúde integral, na sensibilización e no deseño de metodoloxías de intervención psicosocial”.

Galerias de imagenes