A Deputación destina 80.000 € para que 20 entidades da provincia impulsen actividades de carácter turístico

O organismo destinará entre 940 e 5.000 euros a cada entidade para “seguir avanzando, da man do sector, e que está provincia continúe a ser o grande referente turístico do noroeste peninsular”, asegurou o presidente

20/11/2026

A Deputación destina 80.000 € para que 20 entidades da provincia impulsen actividades de carácter turístico

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva e por valor de 80.000 euros, para que 20 entidades da provincia impulsen actividades de carácter turístico. Estas axudas, impulsadas polo servizo de Turismo que desde este mesmo mércores dirixe o deputado provincial e alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña, repartirán entre 2.200 e 5.500 euros por entidade.

“Seguimos avanzando, da man do sector, para que esta provincia continúe a ser o grande referente turístico do noroeste peninsular”, asegurou o presidente da Deputación Luis López quen recordou que as entidades beneficiarias das axudas pertencen a 14 concellos da provincia: A Illa de Arousa (Club Piragüismo Illa de Arousa), Baiona (Monte Real Club de Yates de Baiona), Bueu (Asociación de Viticultores San Martín de Bueu e Asociación Cultural Cinematográfica de Galicia FICBueu), Cambados (Asociación Cambados Zona Centro), Cuntis (Fundación Terra Termarun Castrolandín), A Estrada (Asociación Maceira e Sidra da Estrada), O Grove (Aprometur e Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos), Lalín (Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón, Asociación Etnográfica de Codeseda e Club Roteiros de Lalín), Poio (A Rosa dos Ventos Motoclub), Pontevedra (Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural), Redondela (Asociación Deportiva y Cultural de Rande), Tomiño (Asociación de persoas con discapacidade Vontade), Vigo (Asociación Cultural Abella Producións, Federación de Empresarios de Hostelería e Fundación para la Pesca y el Marisqueo) e Vilagarcía de Arousa (Asociación Casteslab).

Cos recursos provinciais, informou o presidente, poderanse poñer en marcha eventos como rutas, festas turísticas, programas de divulgación, proxectos de desestacionalización, actividades de Nadal, roteiros ou, entre outros, xornadas de sensibilización.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.