A Deputación aproba máis de 200.000 € para impulsar melloras en instalacións deportivas de Forcarei e Meaño

Trátanse de recursos enmarcados no III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivos co que “os concellos de menos de 50.000 habitantes se suman ás transformacións da provincia”, remarcou o presidente Luis López

06/03/2026

A Deputación aproba máis de 200.000 € para impulsar melloras en instalacións deportivas de Forcarei e Meaño

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas axudas por valor de máis de 200.000 € para os concellos de Forcarei e Meaño no marco do terceiro Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Por unha banda, Forcarei recibirá preto de 95.000 € para dotar de equipamentos deportivos o ximnasio municipal, mentres que Meaño contará con preto de 108.000 € para acondicionar o pavillón polideportivo de Xil. Grazas a esta nova inxección de recursos, “os concellos de menos de 50.000 habitantes súmanse ás transformacións da provincia do deporte”, sinalou o presidente Luis López ao tempo que puxo en valor como “estas dúas axudas son dous exemplos do beneficioso que é o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para os municipios”.

Os 95.000 € aprobados en Xunta de Goberno para Forcarei trátanse da totalidade dos recursos contemplados pola Deputación de Pontevedra para o concello no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Con estes recursos, o goberno local poderá dotar ao ximnasio municipal de equipamento deportivo como maquinaria, elementos funcionais ou accesorios deportivos, e adecuar o pavimento e solo do recinto para garantir unhas condicións óptimas de seguridade, funcionalidade e confort durante a práctica deportiva.

No caso de Meaño, con 108.000 €, que son tamén a totalidade dos recursos contemplados pola Deputación para o concello no marco deste plan, executarse o acondicionamento acústico do pavillón de Xil para evitar os problemas de reverberación existentes. Deste xeito, disporanse materiais absorbentes do son no interior para limitar esta problemática e executarase un revestimento interior da parte baixa dos muros para permitir a ventilación e evitar humidades.

Cos recursos do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns de euros, os concellos de menos de 50.000 habitantes están a impulsar novas instalacións deportivas, modernizar e mellorar as existentes, como é o caso de Meaño, dotalas de equipamento, como acontece con Forcarei, ou adquirir terreos para uso deportivo.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.