Luis López confirma a aprobación do proxecto para a recuperación paisaxística dos xardíns de Santa Clara

A proposta recuperará 4.500 metros cadrados de zonas verdes no centro da cidade de Pontevedra e incorporará 769 especies vexetais, entre as que destacan as cerdeiras e as maceiras en flor

06/11/2026

Luis López confirma a aprobación do proxecto para a recuperación paisaxística dos xardíns de Santa Clara

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno da institución provincial acaba de aprobar o proxecto de recuperación paisaxística e acondicionamento funcional dos xardíns de Santa Clara, dotado con preto de 870.000 euros. A proposta, que xa avanzou hai unhas semanas o vicepresidente Rafa Domínguez, permitirá poñer á disposición dos pontevedreses arredor de 4.500 metros cadrados no centro da cidade, nun espazo de gran valor histórico que permaneceu pechado ao público durante séculos.

A intervención contempla a recuperación da estrutura vexetal, a posta en valor das árbores froiteiras e dos emparrados históricos da antiga horta conventual, así como a mellora dos percorridos peonís e da accesibilidade. En concreto, o proxecto prevé a plantación de 39 árbores, 19 arbustos grandes e case 700 arbustos estruturais, 6.600 metros cadrados de arbustos e herbáceas e 3.800 metros cadrados de gramíneas e 19 unidades de acuáticas.

Luis López lembrou que se trata dunha actuación que conta co aval de Patrimonio, e que conservaremos todas as árbores con valor histórico. “Creamos, en definitiva, un espazo único con moita historia para desfrute de pontevedreses e visitantes”, subliñou.

audios

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.