Ana M.ª Mejías Sacaluga

Ana M.ª Mejías Sacaluga
Logo partido politico

Biografía

Naceu en 1968 en Madrid. A idade moi temperá desprazouse coa súa familia a Vigo. Está casada e ten un fillo.

É licenciada en Enxeñería Industrial pola Universidade de Vigo e doutora en Enxeñería de Organización e Loxística pola Universidade de Madrid.

Desde 2003 é profesora titular do Departamento de Organización de Empresas e Márketing da Universidade de Vigo e desde 2004 ocupa o cargo de subdirectora de Xestión e Organización Docente da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Concelleira de I+D e Dinamización Administrativa no Concello de Vigo desde xuño de 2019, forma parte do Comité Executivo e é vogal do Estado no Pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas