
AS ALFOMBREIRAS
Unha tradición ancestral transmitida por mulleres
A confección de alfombras de flores é unha manifestación cultural secular que en Galicia permanece viva grazas ao papel esencial das mulleres, transmisoras dos códigos simbólicos desta tradición, depositarias da sabedoría popular herdada xeración tras xeración e, como en moitas outras ocasións, organizadoras e facedoras dun traballo comunitario e interxeracional que se segue repetindo cada primavera en moitas vilas da provincia de Pontevedra, e que, felizmente, semella ter garantida a súa continuidade. Familias e veciñanza participan nun proceso que require de numerosas xornadas de preparativos e vésperas interminables de traballo para lle dar forma a obras de arte tan fermosas coma efémeras. Con frecuencia, os deseños permanecen en segredo ata o día da celebración, o que crea sorpresa e emoción.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
AS ALFOMBREIRAS. Unha tradición ancestral transmitida por mulleres
Xoves 4 de setembro de 2025 | 20h
Pazo de Petán. Redondela
Relatoras:
- Mayka Cabaleiro e Susana Ricón, alfombreiras de Redondela
- María Carrera Otero, alfombreira de Ponteareas
- Loli Docampo, alfombreira de Bueu
- Tere Pereira, alfombreira de Gondomar