
AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO
Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade
O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cando os homes emigraban. Nos últimos anos, a súa presenza profesionalizouse e diversificouse: enólogas, sommelieres, comercializadoras e responsables de innovación, ademais de liderar proxectos premiados na Denominación de Orixe Rías Baixas.
Ler máis
podcast
FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS
AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade
Venres 19 de xuño de 2026 | 19:30 h
Auditorio municipal. Ribadumia