JUANA DE LA CRUZ DOMÍNGUEZ

JUANA DE LA CRUZ DOMÍNGUEZ

Cen anos de paixón pola costura

Juana de la Cruz Domínguez, coñecida no Porriño como Juaniña, amosou desde moi nova un talento natural para a costura e unha gran paixón polo mundo da moda, en especial polos deseños de alta costura das grandes firmas. Comezou con este labor cando tiña só 9 anos e aos 13 inaugurou o seu primeiro taller na casa familiar. Alí formou decenas de mozas que seguiron o seu ronsel como modistas e confeccionou deseños únicos para clientas de toda Galicia, incluídas réplicas de modelos icónicos coma os vestidos de noiva da raíña Fabiola ou Lady Di. Viviu a apertura política da Segunda República, o terror da Guerra Civil e as penurias da posguerra, pero nunca deixou de confeccionar marabillosas creacións, para as que atopaba inspiración nas revistas da época e nos grandes modistos coma Balenciaga, Chanel ou Christian Dior.

Ler máis

podcast

FALADOIRO AQUÍ FALTAN PÁXINAS

JUANA DE LA CRUZ DOMÍNGUEZ. Cen anos de paixón pola costura

Mércores 19 de novembro de 2025 | 19h

Salón de Plenos do Concello do Porriño

Emisión en directo

Interveñen:

  • Paula Bouzós Barros. Deputada de Igualade e Benestar Social.
  • Juaniña. Juana de la Cruz Domínguez

Modera:

Marian Fernández. O Cable Inglés

VÍDEO