MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR

MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR

Primeira parella feminina de policías locais en Vigo

Corría o ano 1981 cando Marina Ledo ingresou na Policía Local de Vigo. Foi unha das tres axentes da primeira promoción con mulleres. Dous anos despois, en 1983, vestiu o uniforme Begoña Villar. En 1985, fartas de que a cidadanía falase só cos seus compañeiros homes, fixeron historia ao converterse na primeira parella de mulleres policías locais que patrullaban xuntas as rúas de Vigo. Nun momento en que a presenza feminina nos corpos de seguridade era minoritaria, a súa incorporación en equipo simbolizou un cambio de mentalidade e un paso cara á igualdade real no ámbito policial. Ambas superaron as probas de acceso nunha convocatoria aberta e tiveron que afrontar non só o reto profesional de garantir a seguridade cidadá, senón tamén prexuízos e estereotipos de xénero.

Ler máis