MARISOL SOENGAS

MARISOL SOENGAS

Na vangarda da investigación contra o cancro

María Soledad Soengas González, nada en Agolada en 1968, é unha das científicas galegas máis recoñecidas de ámbito internacional no campo da oncoloxía. Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora polo Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC, especializouse no estudo do melanoma, un dos cancros de pel máis agresivos. Tras traballar en centros punteiros dos Estados Unidos coma a Universidade de Princeton e a Universidade de Michigan, regresou a España para dirixir o Grupo de Melanoma no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).

Ler máis