
MATILDE VÁZQUEZ
A soprano galega que conquistou Madrid
Matilde Vázquez naceu en Cambados nos albores do século XX e mostrou desde nena unha grande afección pola música e unha voz con enormes calidades para o canto. Cando cumpriu os trece anos a súa familia tivo que trasladarse a Madrid, onde deu os seus primeiros pasos en compañías amadoras e comezou a recibir leccións de música e canto co mestre Luis Iribarne. Nos anos 20 actuou como cupletista pasando despois ao xénero da revista na compañía de Celia Gámez, pero a súa carreira despegou de verdade en 1927 co seu debut na zarzuela La del Soto del Parral, no Teatro Fuencarral.
Ler máis