#AXENDA2030

Obxectivo 13

Adoptar medidas urxentes para combater o cambio climático e os seus efectos

O cambio climático supón unha grave ameaza para o planeta. Se non se realizan accións claras e determinantes, os seus efectos poden ser devastadores. É necesario un forte compromiso de todos os países, as administracións, as empresas e a sociedade para frealo.


Enfrontámonos a un escenario no que a temperatura media da terra podería aumentar tres graos este século. As consecuencias xa son visibles: o quecemento dos océanos, co consecuente desxeo, provoca a subida do nivel do mar. A agricultura, o turismo ou a auga son especialmente vulnerables ao impacto do cambio climático.

É preciso apostar a fondo polas enerxías renovables, reducir as emisións de gases á atmosfera e avanzar así cara a unha economía baixa en carbono. A concienciación das empresas e a sociedade tamén resulta clave no cumprimento deste ODS.

Ligazóns de interese