César Mosquera Lorenzo

César Mosquera Lorenzo
Logo partido politico

Biografía

Naceu en 1954 en Xanza, no concello de Valga, provincia de Pontevedra.

Licenciouse en Matemáticas e Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de instituto no Barco de Valdeorras e no IES Valle-Inclán de Pontevedra, onde desenvolveu a maior parte da súa carreira (desde 1976). Tamén foi profesor da UNED.

É deputado provincial e concelleiro en Pontevedra desde 1991, onde exerce de responsable de Xestión e ordenación xeral da mobilidade urbana desde 1999, cando o BNG pasou a formar parte do Goberno local.

Foi vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra entre o 2015 e o 2023.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade