#MOBILIDADE

Cidade 30

A Deputación de Pontevedra e os concellos da Rede Ágora decidiron adiantar a implementación das “Cidades 30”, é dicir, a limitación da velocidade a 30 quilómetros por hora en todas as rúas dos núcleos urbanos dos municipios de maneira previa á obriga da Dirección Xeral de Tráfico.


Alén diso, os concellos están comprometidos a ir un paso máis alá: a que todas as plataformas únicas de convivencia de coches e peóns nos seus territorios teñan unha velocidade máxima de 10 quilómetros por hora en lugar dos 20 que marca a nova lei, cumprindo así o principio número 6 do “Decálogo Ágora”, referido aos espazos seguros.