#LINGUA

Correlingua

A Deputación de Pontevedra súmase desde 2015, cunha achega anual de 30.000 euros, ás administracións que colaboran coa organización do “Correlingua”, unha iniciativa que reivindica a normalización social do idioma galego nos centros de ensino e entre a mocidade.


Este apoio vai na liña da aposta da Deputación pola reivindicación e polo compromiso coa lingua galega, xa que se trata da iniciativa máis importante a nivel de normalización lingüística que se desenvolve nos centros escolares, e que non só se centra no alumnado, senón que tamén serve para concienciar as nais e os pais.

Ligazóns de interese