Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela

Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela

Obxecto da entidade

A Asociación Andaina traballa para ofrecer complementos e apoios no ámbito escolar, social, laboral ou educativo, entre outros, para acadar a inclusión plena en todos os aspectos da vida das persoas con diversidade funcional.

Buscamos o máximo desenvolvemento das súas capacidades e habilidades mediante o fomento da autonomía.

Reivindicamos os seus dereitos, ademais de crear recursos e conciencia social.

Persoas destinatarias

Persoas con diversidade funcional

Actuacións:

Programa para persoas usuarias

  • Programa individualizado de intervención terapéutica e reforzo educativo
  • Programa de tránsito á vida adulta
  • Programa de inserción laboral
  • Horta ecolóxica
  • Programa de ocio
  • Programa de ludotecas
  • Programa deportivo
  • Programa artístico
  • Campamentos de conciliación
  • Respiros familiares

Programas para familias

  • Convivencias
  • Información e orientación
  • Talleres de atención psicolóxica
  • Programas de educación sexual
  • Programas de descanso familiar
  • Redes de apoio

Programas de responsabilidade social

  • Inigualables. Festival da diversidade
  • Xornadas de atención á diversidade
  • Actividades de participación comunitaria
  • Accións reinvindicativas
  • Programas en colaboración con distintos organismos públicos para a implantación da accesiblidade cognitiva
  • Somos banco de tapóns solidarios

Enderezo

  • Estrada de Trasmañó, núm. 41, San Vicente de Trasmañó, 36811 Redondela