Asociación de Nenas, Nenos, Xente Nova e Adulta con Diabetes de Galicia
ANEDIA
- Vigo, Pontevedra
- 644 97 14 54 / 644 31 95 95
- info@anedia.gal
- anedia.gal

Obxecto da entidade
ANEDIA é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con diabetes tipo 1 e das súas familias, promovendo a súa plena inclusión educativa, sanitaria, laboral e social, e fomentando a sensibilización e o coñecemento da diabetes tipo 1 na sociedade galega.
Buscamos o máximo desenvolvemento das súas capacidades e habilidades mediante o fomento da autonomía.
Reivindicamos os seus dereitos, ademais de crear recursos e conciencia social.
Persoas destinatarias
Nenas, nenos, mocidade e persoas adultas con diabetes tipo 1 e as súas familias.
- Familias e contornos educativos e sanitarios.
- Poboación xeral, como destinataria das campañas de sensibilización e prevención.
- Profesionais da saúde, a educación e o deporte implicados na atención á diabetes.
Actuacións:
- Campamento de verán ANEDIA: programa educativo e de convivencia para nenas, nenos e mocidade con diabetes tipo 1.
- Desafíos en diabetes: espazo de aprendizaxe e apoio emocional entre iguais.
- Comparte diabetes +18: encontros formativos e de benestar para persoas adultas con diabetes tipo 1.
- Campaña do Día Mundial da Diabetes: accións autonómicas de visibilización e sensibilización social.
- Proxecto "Coa diabetes na mochila": programa cultural e divulgativo para achegarlle a diabetes á comunidade educativa e social.
- Proxecto "Somos tipo 1": proxecto de atención integral á diabetes tipo 1 en toda Galicia.
- Formación en diabetes: accións formativas dirixidas a profesionais, familias e comunidade educativa para mellorar a comprensión e xestión da diabetes tipo 1.
Enderezo
- Vigo: rúa do Dr. Carlos Colmeiro Laforet, núm. 10, baixo 5, 36203 Vigo.
- Pontevedra: Casa azul, rúa de Sor Lucía, núm. 2, despacho 52, 36002 Pontevedra.