Asdegal

Creada en 2009 na cidade de Vigo cun obxectivo claro, “acompañar soidades”, a misión de Asdegal é ser canle de solidariedade para contribuír a crear unha sociedade máis xusta e humana, mediante a promoción e o desenvolvemento de programas de acción social, voluntariado e cooperación dirixidos a persoas de calquera idade e sexo que se atopen en situación de necesidade, independentemente das causas.

Apóiase en valores que recoñecen a dignidade da persoa e o respecto á súa liberdade, así como a relación persoa a persoa, o apoio á familia, a constancia e o compromiso no traballo, co obxectivo de xerar cambios en beneficio de todas aquelas persoas que se atopan en situacións desfavorecidas por motivos de idade, saúde, exclusión social ou marxinación.

Asdegal realiza as súas actividades grazas ao traballo das e dos voluntarios, que ofrecen acompañamento a maiores e a persoas en situación de soidade, independentemente da súa idade, así como a persoas sen fogar, e tamén lles proporcionan apoio educativo a nenas e nenos sen recursos. Ademais, a asociación leva a cabo programas de inmersión lingüística, especialmente destinados a persoas inmigrantes, e tamén se realizan intercambios con estudantes de centros educativos de Uganda e Kenya en centros da comunidade galega.

Actuacións

  • Vigo: acompañamento en domicilios, residencias de maiores, hospitais (citas médicas, xestións administrativas, respiro familiar), integración social, apoio socioeducativo a menores, discapacidade, persoas sen fogar, promoción da muller e cooperación ao desenvolvemento.
  • Redondela: acompañamento en domicilios, hospitais (citas médicas e respiro familiar), apoio socioeducativo a menores e integración social.
  • Pontevedra: residencias de maiores, apoio socioeducativo a menores e acompañamento a xestións administrativas.

Contacto

Calle Areal, 140, 2.º c, 36201 Vigo