Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada

ACLAD Alborada
Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada

En 1982 a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada de Vigo (ACLAD Alborada) comezou o seu labor preventivo, asistencial e de incorporación social no campo das drogodependencias coa apertura da Comunidade Terapéutica Alborada, en Tomiño. Rapidamente sumáronselle a Unidade Asistencial de Drogodependencias e o centro de día.

No ano 2000 a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través do Servizo de Menores, solicitoulle á ACLAD Alborada a posta en funcionamento dun centro de día de atención ao menor, xa que detectara, tanto desde a atención externa a familias coma desde os centros propios e colaboradores, que un gran número de adolescentes e menores manifestaban diferentes problemas de tipo comportamental, disocial, de consumo de drogas, académico ou familiar.

O obxecto da entidade

Alborada é o nome que reciben os recursos da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga para a prevención, o tratamento e a incorporación social das e dos consumidores de drogas. A Unidade Asistencial de Drogodependencias é un servizo de carácter ambulatorio ao que poden acudir as persoas que o desexen (as usuarias de drogas, familiares, poboación en xeral etc.), para consultar calquera cuestión relacionada coa problemática da droga ou da saúde mental. Trátanse todo tipo de adiccións, aínda que as máis habituais son a heroína, a cocaína, o cannabis e o alcohol.

Actuacións

  • Unidade de Condutas Adictivas Alborada
    • Programa de información, orientación e acollida
    • Programa de tratamento libre de drogas (PTLD)
    • Programa de tratamento con antagonistas opiáceos (PTANO)
    • Programa de mantemento con derivados opiáceos (PTDO)
    • Programa de tratamento de psicoestimulantes (PTDP)
    • Programa de alcoholismo e/ou con interditores de alcohol (PTIA)
    • Programa de redución do dano (PRD)
    • Programa de incorporación social personalizada (PIP)
    • Subprograma de desintoxicación
    • Subprograma de prevención de recaídas
    • Subprograma de urinoanálises
    • Unidades de desintoxicación hospitalaria
    • Colaboración con atención primaria: vacinacións, analíticas de sangue etc.
    • Programa de diagnóstico e tratamento da tuberculose
    • Programa de axentes de saúde
    • Talleres de sexo máis seguro e de consumo con menos risco
    • Programa de intercambio de xiringas
    • Subprograma de asistencia domiciliaria
    • Protocolo para colectivos específicos (minorías étnicas, drogodependentes que exercen a prostitución etc.)
    • Protocolo de atención á patoloxía dual
    • Protocolo de patoloxía orgánica
    • Protocolo de estantes drogodependentes
    • Protocolo de menores
  • Centro de Día Alborada
    • Área Psicoterapéutica
    • Área de Saúde
    • Área Educativa
    • Área Formativa e Ocupacional
    • Área de Animación Sociocultural
    • Área Deportiva
    • Área Legal
  • Grupo de Integración Social Alborada (GIS)
    • Área Psicoterapéutica
    • Área de Formación Ocupacional, Laboral e Académica
    • Área de Promoción de Emprego
    • Área de Cooperación Social
    • Grupo de nais e pais
    • Supervisión residencial
    • Programa de animación sociocultural
    • Programa de pisos terapéuticos en cooperación
    • Subprograma de transición
  • Comunidade Terapéutica Alborada (Tomiño)
    • Área Psicoterapéutica
    • Área de Saúde
    • Área Educativa
    • Área Formativa e Ocupacional
    • Área Deportiva
    • Área de Animación Sociocultural
    • Área de Participación Comunitaria e de Voluntariado Social
    • Área de Incorporación Social
    • Área Legal
    • Grupo de nais e pais
  • Programa de prevención “Creative”
    • Prevención escolar en centros educativos de Vigo (PLDA)
    • Prevención en espazos de ocio nocturno
  • Programa de encontros en familia
    • Escola de nais e pais
  • Programa de formación, orientación e emprego “Tarea”
    • Formación, orientación e emprego
  • Programa de formación ocupacional na agricultura ecolóxica “Verdear”
    • Formación ocupacional e emprego en agricultura ecolóxica
  • Programa “Tarea”, graduado ESO (competencias clave)
    • Formación académica regrada e orientación
  • Centro de día de atención á e ao menor
  • Programa de intervención con mozas e mozos en conflito

 

Datos de contacto

  • Unidade de Conductas Adictivas Alborada
  • Centro de día Alborada
  • Comunidade Terapéutica Alborada (Tomiño)
  • Programa de prevención “Creative”
  • Programa de encontros en familia
  • Programa de formación, orientación e emprego “Tarea”
  • Programa de formación ocupacional na agricultura ecolóxica “Verdear”
  • Programa “Tarea”, graduado en ESO (competencias clave)
  • Centro de día de atención á e ao menor
  • Programa de intervención con mozas e mozos en conflito
    • Teléfono: 986 253 176
    • Correo: adolescentes@alborada.org