Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril na Provincia de Pontevedra

ALCER Pontevedra
Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril na Provincia de Pontevedra

A Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril na Provincia de Pontevedra (ALCER Pontevedra) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como finalidade proporcionarlles unha mellor calidade de vida, independencia e participación social ás persoas con enfermidade renal e ás súas respectivas familias ou persoas coidadoras na procura dunha mellor calidade asistencial.

Obxectivo xeral: 

  • Mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade renal crónica mediante actividades centradas nelas. 

Obxectivos específicos: 

  • Favorecer hábitos de vida saudables.
  • Darlle ao colectivo afectado as ferramentas necesarias para previr determinadas situacións que poderían xerar dependencia.
  • Mellorar a participación na vida comunitaria da persoa afectada e da súa familia ou da persoa coidadora.
  • Ofrecer servicios complementarios que non teñen cabida na área pública. 
  • Manter unha estratexia de asesoramento e información permanente para as persoas cunha enfermidade renal coa finalidade de tratar aspectos de interese para mellorar a súa calidade de vida.

Servicios e actividades:

  • Programa de información, orientación ou asesoramento sobre os diferentes recursos sociais existentes no ámbito da discapacidade. Tamén se realizan tramitacións de axudas ou recursos e intervencións a través de visitas ás unidades de hemodiálise.
  • Actividades educativas e formativas.
  • Actividades de sensibilización social, coma mesas informativas ou promocionais sobre doazón de órganos, entre outras.

Datos de contacto

Rúa Benito Corbal, 45 (portal lateral á rúa Javier Puig Llamas, 1), piso 3.º, local 1, 36001 Pontevedra