ASODIFISI
ASODIFISI
- mos
- 672 57 89 16
- centrodia@osondoregueiro.es
- osondoregueiro.es

Obxecto
O Centro de Día O Son do Regueiro é un recurso de atención diúrna especializado en persoas maiores e persoas con discapacidade física ou mobilidade reducida, orientado á mellora da súa calidade de vida, á promoción da autonomía persoal e ao mantemento das relacións sociais.
Áreas de intervención
- Autonomía persoal e envellecemento activo: programas de exercicio funcional e hábitos saudables.
- Estimulación cognitiva e emocional: talleres de memoria, habilidades sociais e benestar emocional.
- Participación e socialización: actividades grupais, celebracións e interacción coa comunidade.
- Apoio ás familias e persoas coidadoras.
- Transporte adaptado
Persoas destinatarias
- Persoas maiores ou con discapacidade física ou mobilidade reducida que precisan apoio para realizar as actividades da vida diaria.
- Persoas que, sen precisar atención, necesitan unha contorna protectora, terapéutica e de convivencia durante o día.
- Familias e persoas coidadoras que requiren apoio.
Ámbito territorial: concello de Mos e área metropolitana de Vigo.
Principais proxectos
- Atención diurna personalizada.
- Servizo de transporte adaptado.
- Programas de estimulación cognitiva, física e sensorial.
- Obradoiros de habilidades dixitais e comunicación.
- Actividades comunitarias e interxeracionais.
- Servizo de comedor e apoio na alimentación.
- Atención ás familias.