Asociación de Trastorno del Espectro Autista de Vigo

AsTEAVi
AsTEAVi

Obxecto

O noso obxectivo é ofrecer un apoio axeitado e adaptado ás necesidades individuais das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e mellorar as súas oportunidades de aprendizaxe, inclusión social e desenvolvemento persoal, mantendo todos estes elementos ao longo das súas vidas.

Áreas de intervención

  • Inclusión no ámbito social, escolar, sanitario e laboral.
  • Apoiar, informar e orientar as familias e o seu contorno.
  • Fomentar a formación de profesionais neste trastorno.
  • Representar e defender os intereses das persoas con TEA ante toda clase de organismos, Administración local ou autonómica, persoa física ou xurídica, entidades públicas ou privadas.

Persoas destinatarias

Todas as persoas con TEA asociadas a AsTEAVi ou persoas alleas con TEA que soliciten información polos diferentes medios.

Principais proxectos

  • “Axúdalle a encaixar”
  • “Soy capaz”
  • Formacións en centros educativos.
  • Sensibilización e visibilización.
  • “SexTEA”
  • Etc.