Con Eles

Con Eles

Con Eles xurdiu en 1997 debido á necesidade dun grupo de familias de crear un movemento asociativo que lle puxese fin á difícil situación que sufrían as súas fillas e fillos, desamparados polas carencias dos servizos sociais da comarca do Salnés, e da zona do río Umia e do Baixo Ulla. É unha entidade sen ánimo de lucro que ten estes obxectivos principais:

  • Defender a dignidade e os dereitos das persoas con discapacidade intelectual.
  • Promover a súa integración social e a súa normalización.
  • Fomentar actitudes sociais positivas para estas persoas.

Obxecto e persoas destinatarias

A asociación de persoas diminuídas psíquicas Con Eles está formada por familiares e amizades de persoas con discapacidade intelectual. Ten como obxectivo principal mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, e fomentar e desenvolver actividades encamiñadas á asistencia e á súa asistencia e recuperación.

Creación do centro de día

Para tratar de cumprir os propósitos da asociación era preciso traballar nunhas instalacións que reunisen unhas condicións de adaptabilidade e que cubrisen as necesidades deste colectivo. Xurdiu así a necesidade de crear un centro que puidese acoller o colectivo de alumnas e alumnos que remataban a súa escolaridade no Centro de Educación Especial de Vilagarcía e que non contaban con ningunha alternativa para continuar cunha asistencia especializada que posibilitase o máximo desenvolvemento persoal e a súa integración social.

Actuacións

Esta asociación avoga por unha metodoloxía e unha programación abertas e flexibles ás adaptacións individuais que precisen as e os destinatarios e as características do contexto.

Cada persoa é única e, polo tanto, as súas necesidades son distintas, así a metodoloxía e as actividades deben ofrecer a oportunidade de desenvolverse como persoas de xeito individual, para que todas e todos teñamos a posibilidade de participar e aprender. Todas as actividades cumpren os principios de unidade, coordinación e integridade, para as cales o punto forte de apoio é o traballo en equipo das e dos profesionais que traballan na asociación e o equipo da xunta directiva e as socios e os socios.

Principais servizos do centro de día

  • Atención a persoas con discapacidade intelectual. É un dos servizos máis importantes e con el téntase garantir o correcto coidado persoal cunha atención individual; ademais, inclúe as tarefas psicosociais, de saúde (coma administración de medicamentos, entre outras) ou de rehabilitación menor coa finalidade de desenvolver ou manter as capacidades da persoa, a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación por medio de programas de intervención específicos a cada unha.
  • Servizo de ocio inclusivo e deporte. Céntrase no deporte como actuación de promoción da saúde, dirixido a adquirir, manter e mellorar uns hábitos de vida saudables, e a facilitar a participación das e dos usuarios, tanto en competicións organizadas por Special Olympic Galicia coma pola Federación Galega de Deporte Adaptado. Organízanse actividades físicas semanais que pretenden mellorar o estado físico e, en consecuencia, aumentar a autoestima das e dos usuarios e repercutir, así, na súa integración.
  • Servizo de transporte. Tendo en conta a dispersión xeográfica das e dos  usuarios, este é un servizo básico que trata de facilitarlles o acceso ao centro e a volta aos seus domicilios sen alterar a vida laboral ou social das súas familias.
  • Servizo de atención e apoio ás familias
  • Servizo de manutención

Datos de contacto

Rúa Sobreira 24, urbanización O Rial, 36611 Vilagarcía de Arousa