Fogar e Clínica San Rafael de Vigo

Obxecto da entidade

Ofrecerlles unha atención integral ás persoas con discapacidade intelectual para fomentar a súa maior autonomía e desenvolvemento persoal, emocional, social e laboral mediante o acompañamento ao longo de toda a súa vida. Proporcionarlles unha asistencia rehabilitadora e de promoción da saúde a todas aquelas persoas que o necesiten, aplicando os tratamentos terapéuticos prescritos para mellorar a súa calidade de vida.

Persoas destinatarias

Persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento ao longo da súa vida.

Principais proxectos

  • Servizo de vida plena e participación
  • Emprego con apoio
  • Itinerarios personalizados formativos
  • Proxecto “VIVER”
  • Envellecemento e discapacidade intelectual
  • Voluntariado inclusivo

Enderezo

  • Rúa San Xoán de Deus, 1, 36208, Vigo