#CULTURA

Exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego"

2.ª edición

Do 24 de setembro ao 30 de outubro

Vestíbulo do Pazo provincial

Inauguración: xoves 24 de setembro, ás 11 h

Horario de visita: de luns a venres, de 9 a 20 h


A Deputación de Pontevedra acolle a 2.ª edición da exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, promovida pola Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) e polo Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia.

CCon esta exposición preténdese destacar o traballo de 92 fotoxornalistas galegas e galegos, mediante outras tantas fotografías acompañadas de explicacións literarias elaboradas por xornalistas dos medios de comunicación, entre elas e eles profesionais tamén en activo en Pontevedra e no resto da provincia. A mostra ten como obxectivo poñer en valor o fotoxornalismo e a súa relevancia na crónica da vida diaria en Galicia, ademais de servir como escaparate para presentar escenas representativas e nalgúns casos inéditas da rexión.

Documentos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.