Gorka Gómez Díaz

Gorka Gómez Díaz
Logo partido politico

Biografía

Naceu en Vigo en 1982. Está casado e ten unha filla.

Desde neno estivo moi vinculado ao mundo do deporte. Foi xogador, adestrador e preparador físico de diferentes clubs de fútbol da provincia de Pontevedra. É licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade de Vigo (2004). En 2019 graduouse en Educación Primaria pola Universidade Camilo José Cela.

Colaborou durante anos con medios de comunicación deportivos.

Actualmente pertence á Executiva local do PSdeG-PSOE de Vigo e forma parte da súa Secretaría de Deportes.

É concelleiro de Educación e Xuventude no Concello de Vigo e deputado provincial de Deportes na lexislatura 2019/2023.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Igualdade, Políticas Sociais, Familia e Reto Demográfico
  • Cultura, Educación, Patrimonio Histórico, Documental e Lingüístico
  • Deportes, Xuventude e Vida Saudable
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego