Gregorio Luís Agís Gómez

Gregorio Luís Agís Gómez
Logo partido politico

Biografía

Naceu en Poio en 1975. Ten dúas fillas.

É licenciado en Arquitectura, na especialidade de Rehabilitación e Planeamento.

A partir de 2004 exerce a profesión de arquitecto e en 2005 impulsa o seu propio gabinete de arquitectura.

Desde 2007 dedícase á actividade política como secretario de organización da Agrupación Socialista de Poio.

Na actualidade é concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica no Concello de Poio e deputado provincial de Infraestruturas e Vías Provinciais.

Comisións informativas

  • Comisión Especial de Contas
  • Transparencia, Réxime Interno e Facenda
  • Cooperación Local, Transfronteiriza e de Coordinación das Emerxencias Provinciais
  • Turismo, Acción Comunitaria, Impulso Rural e Medio Ambiente
  • Proxectos Europeos, Modernización Tecnolóxica, Administrativa e Axenda Dixital
  • Infraestruturas, Equipamentos Públicos e Mobilidade
  • Promoción Económica, Impulso e Formación para o Emprego